Mancomún

Colabora coa Ciberimandade da Fala para traducir o Joomla 1.5 ao galego

Colabora coa Ciberimandade da Fala para traducir o Joomla 1.5 ao galego

http://www.mancomun.org/images/stories/ciberirmandade.pngBotando unha ollada á web da Ciberirmandade da Fala vemos a seguinte nova:

«Xa temos dispoñibles no TraduCIF os arquivos de idioma da RC1 do Joomla 1.5, de xeito que xa podes colaborar na tradución da mesma. De feito, o traballo está bastante avanzado por mor do aproveitamento da antiga tradución levada a cabo tamén no TraduCIF, polo que, o meirande esforzo, debería cinguirse basicamente deica a validación das cadeas traducidas propostas.

Lembra que dispoñemos dun libro de estilo (aínda en proceso de definición) e un foro adicado ás discusións relativas aos traballos de tradución.»

O sistema TraduCIF da Ciberirmandade da Fala é o mesmo sistema que o Entrans de mancomun.org, de feito a tradución do Entrans de mancomun.org está baseada na do TraduCIF…

Por outra parte, tamén comentar que o DokuWiki ceibou unha nova versión e que xa está dispoñible na zona de descargas da Ciberirmandade da Fala, a tradución galega do dokuWiki, actualizada á versión 2007-06-26b. O DokuWiki é un wiki sinxelo, de código libre baixo licenza GPL, pensado para grupos de traballo en xeral, de doado uso e sintaxe sinxela, e non require bases de datos.
 
Fonte:
http://www.ciberirmandade.org  
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal