Mancomún

Comeza a definirse o futuro Thunderbird 3

Comeza a definirse o futuro Thunderbird 3

http://www.mancomun.org/images/stories/thunderbird.pngNo Wiki de Mozilla acábase de crear a páxina de información sobre o Thunderbird 3, proxecto que aínda está nunhas fases iniciais de definición. Desde a páxina animan a calquera que queira traballar no proxecto a que participe usando o grupo de noticias mozilla.dev.apps.thunderbird ou a canle #maildev en irc.mozilla.org.

Os obxectivos primarios para a futura versión 3 son:

  • Asegurarse que Thunderbird continúa evolucionando xunto coa plataforma Mozilla.
  • Incrementar a adopción de Thunderbird.
  • Mellorar a usabilidade.
  • Facilitar o desenvolvemento, diseminación e uso de complementos.

Un dos desenvolvedores comenta no grupo de noticias que «os motivos polos que a xente non usa Thunderbird son variados, pero os dous principais motivos parecen ser a falta dun calendario integrado na aplicación (comparado co Outlook por exemplo) e a busca de correos que non ofrece todas as posibilidades que ofrecen os competidores como por exemplo Gmail  e Mail.app»…

 

Información máis completa nas fontes orixinais da nova (en inglés):
http://wiki.mozilla.org/Thunderbird:Thunderbird3
http://article.gmane.org/gmane.comp.mozilla.devel.seamonkey/10428

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal