Mancomún

Como facer que os teus complementos funcionen en Firefox 3 Beta

Como facer que os teus complementos funcionen en Firefox 3 Beta
http://www.mancomun.org/images/stories/firefox-wordmark-vertical_small.pngSó para Firefox 3 Beta: Un dos grandes problemas que se atopa a xente á hora de probar o Firefox 3 Beta é que a maioría dos complementos de Firefox non foron actualizados polos seus desenvolvedores para que funcionen nesta versión Beta. De todas maneiras hai unha forma de facer que a maioría delas funcionen (OLLO, ESTES CAMBIOS PODEN PROVOCAR UN COMPORTAMENTO INESPERADO EN FIREFOX, ÚSAOS BAIXO O TEU PROPIO RISCO).
Para todos aqueles usuarios interesados, dicir que se instalamos o paquete de idioma galego de Firefox 2 e activamos estas opcións, o Firefox 3 Beta non arrancará, polo que polo de agora, desaconsellamos totalmente a instalación do paquete de idioma no Firefox 3 Beta.
O que si funciona correctamente é o corrector ortográfico de galego para Firefox 2
 

As instrucións son as seguintes:

  • Escribe «about:config» na barra de enderezos de Firefox e preme no botón «Terei coidado, prometoo».
  • Preme co botón dereito do rato en calquera sitio e elixe «Novo->Lóxico». Fai que o nome deste novo valor sexa «extensions.checkCompatibility» e ponlle por valor «falso».
  • Fai outra novo valor lóxico, desta vez chamado «extensions.checkUpdateSecurity» e tamén establece o valor a «falso».
  • Reiniciar Firefox.

Se todo vai ben, as extensións que oficialmente non están actualizadas para Firefox 3 Beta, pasarán a estar habilitadas.

Para estar informado das últimas versións do paquete de idioma das aplicacións de Mozilla, visita a páxina de coordinación ao galego destas traducións en: http://galician.mozdev.org.

Máis información en:
http://lifehacker.com

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal