Mancomún

CompostelaWireless organiza unha "install party" en Conxo

CompostelaWireless organiza unha "install party" en Conxo

http://www.mancomun.org/images/stories/compostela_wireless.jpg CompostelaWireless organiza unha «install party» en Conxo na que os que desexen instalar GNU/Linux nos seus computadores, aprender a instalalo ou simplemente coñecelo, pódense achegar polo Centro Sociocultural de Conxo o 3 de maio sobre as 19:00.

Os que queiran levar o GNU/Linux instalado no computador chega con que leven a [[CPU]]. Se podedes facer unha copia de seguridade dos datos antes de vir, aforrarase tempo, se non farase no propio sitio.

Instalarase GNU/Linux Ubuntu Feisty Fawn, a última versión dunha das distribucións máis prometedoras. Aos que teñades preferencia por outras distribucións de GNU/Linux, tamén vos poden botar unha man coa instalación.

Para os que non saibades onde está o Centro Sociocultural, aquí tedes un mapa coa situación.

[Evento engadido á «Axenda de Eventos«]

Visto na web de CompostelaWireless.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal