Durante os días 15 e 21 de xullo, Birmingham (Reino Unido) converterase na sede do GUADEC (Conferencia Europea de Usuarios e de Desenvolvedores de GNOME) 2007, a reunión máis importante de desenvolvedores do contorno GNOME.
Pode consultar xa o programa preliminar das conferencias. Este ano contase, entre os patrocinadores, coa presenza da empresa iGalia, que se adica ao deseño e ao mantemento de aplicacións en Software Libre e, na actualidade, está a realizar un concurso ao mellor proxecto fin de carreira baseado en Software Libre…
Agárdase un grande número de relatorios que se enfocan en varios escenarios coa fin de centrar os esforzos en varios ámbitos paralelos. Ao mesmo tempo, estableceranse propostas de resolución de problemas mediante o [[brainstorming]], ideas para construír aplicacións no contorno GNOME usando [[Python]], técnicas aplicadas a xogos, usabilidade, etc…
Fonte:
territoriolibre.org
