A Tesourería Xeral da Seguridade Social (TGSS) mailo Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), lanzarán a finais deste mes de abril unha plataforma de teleformación baseada en Dokeos. Contará co asesoramento da empresa galega Contidos Dixitais nos aspectos formativos e tecnolóxicos así como na personalización da plataforma. A través do campus virtual o TGSS e o INSS esperan ofrecer contidos de calidade a máis de 2.500 alumnos. Contidos Dixitais adaptará Dokeos para as institucións responsables da Seguridade Social
A Tesourería Xeral da Seguridade Social (TGSS) mailo Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), lanzarán a finais deste mes de abril unha plataforma de teleformación baseada en Dokeos. Contará co asesoramento da empresa galega Contidos Dixitais nos aspectos formativos e tecnolóxicos así como na personalización da plataforma. A través do campus virtual o TGSS e o INSS esperan ofrecer contidos de calidade a máis de 2.500 alumnos.
