A ADR PRODER II – Comarca de Pontevedra (ADR), en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade de Información, organiza un curso de Base de Datos sobre Software Libre dirixido a profesionais do sector agrario e membros de comunidades de montes.
O curso que comeza o xoves día 12, impartirase no Pazo de Cultura de Pontevedra, nun seminario (seminario 7) acondicionado con quince computadores. O horario será de 18:00 a 21:00 horas e, en total, serán 40 horas repartidas en 13 sesións. Agárdase que os asistentes alcancen o obxectivo principal: adquirir coñecementos na creación e xestión de base de datos.
Tamén en colaboración coa Organización de Autónomos estase a traballar en organizar un curso de programas de xestión de contabilidade e facturación como unha iniciativa máis para mellorar a competitividade dos empresarios da comarca a través do emprego das novas tecnoloxías.
Máis eventos na axenda de Mancomun.org.
