A Rede de Dinamización da Sociedade da Información e os concellos do Porriño e de Salceda de Caselas, en colaboración con Mancomun.org, acollerán o curso de Bases de Datos que será impartido no Centro Neural do Centro Multiusos de Torneiros do Porriño en horario de 20:00 a 23:00 horas entre os días 10 e 26 deste mes.
O obxectivo que se pretende acadar é que as persoas asistentes adquiran coñecementos de nivel avanzado na creación e xestión de Bases de Datos co OpenOffice.org Base. Farase especial fincapé no emprego do Software Libre como unha alternativa válida e eficaz ao software privativo.
