Na páxina web de GALPon podemos ler a seguinte nova:«Dentro do marco de colaboración que GALPon mantén co GRUVI, ofrecerase formación básica aos voluntarios e voluntarias para instalar e administrar a Guadalinex Mini. Realizado en colaboración coa Oficina de Voluntariado e Integración (OVI) e a Oficina do Medio Ambiente (OMA) da Universidade de Vigo.
- Impartido por Miguel Anxo Bouzada (socio e colaborador de GALPon e voluntario do GRUVI)
- Datas e horas previstas: Luns, martes e mércores 18,19 e 20 de febreiro de 11 a 13 horas ( 6 horas).
- Lugar: Aínda sen determinar, probablemente no novo emprazamento do obradoiro do GRUVI na sala 5 (inmediata anterior a actual) Facultade de Filoloxía e Tradución, Pavillón C, Edificio Newton, 2º andar, (antigo CUVI).»
Fonte:
http://www.galpon.org/drupal/node/165
Engadido á «Axenda de Eventos» de Mancomun.org
