A Universidade de Estremadura oferta un curso de verán co título de «
CONOCIMIENTO LIBRE – FLOK (Free/Libre & Open Knowledge) «. Desenvolverase en Cáceres entre os días 10 e 13 de Xullo. É válido por 3 créditos de libre configuración. Está aberto tanto a estudantes da Universidade de Estremadura como de fora.
Entre os seus obxectivos atópanse a difusión do coñecemento libre, fomentar a colaboración en contornos libres ou a aplicación de licenzas libres ás diferentes expresións da cultura. …
Aínda que o título e os obxectivos refírense ao coñecemento libre en xeral, varias das súas ponencias son sobre software libre:
- «Administracións públicas e Software Libre»
- «Software Libre e coñecemento libre»
- «Contribución do software libre ao desenvolvemento do sector TIC en Estremadura»
- «Modelos e oportunidades de negocio no eido do Software Libre. Nichos, tendencias e análisis do mercado español. ¿Como e por que o software libre é MÁIS rentable?»
- «O mercado do software libre en Portugal»
- «Software Libre vs Software Comercial en empresas tecnolóxicas»
- «Software libre na educación»
- «Impacto do software libre na produción e distribución da obra intelectual»
Ver programa completo.