Mancomún

Curso "Implantación e aplicación de Software Libre no contexto empresarial" en Ferrol

A «Confederación de Empresarios de Ferrol» organiza un curso totalmente gratuíto para dar a coñecer as vantaxes da implementación de Software Libre na empresa.

O curso que se chamará «Implantación e aplicación de Software Libre no contexto empresarial» constará dun total de 100 horas e terá lugar en Ferrol entre as datas do 2 de novembro ata o 29 de novembro. O proceso de inscrición no curso xa está aberto e o número de prazas son un total de 15, dispoñibles tanto a persoas empregadas como desempregadas…

O programa do curso é o seguinte:

  • Repercusión Social e Económica do Software Libre
  • Oportunidades e vantaxes da implementación de Software libre na empresa:
    • Proxectos empresariais baseados en Software libre
  • Introdución práctica ao sistema operativo GNU/LINUX:
    • Introdución ao sistema operativo GNU/Linux
    • Xestión de ficheiros e procesos
    • Administración e xestión de usuarios e grupos
    • Xestión de software e introdución á xestión de servizos
  • Ferramentas de administración e xestión empresarial:
    • Aplicacións ofimáticas
    • Aplicacións específicas de xestión empresarial: facturalux, linuxkontor, GNUcash
    • Software para o tratamento de imaxes e o deseño gráfico: gimp, gthumb
    • Internet: navegador web, correo electrónico, mensaxería
    • Software multimedia de audio e vídeo
  • Avaliación e alcance da acción formativa
Podes ler a nota completa na fonte orixinal da nova: http://www.ceferrol.com
 
(Curso engadido á axenda de eventos
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal