O Concello de Mugardos en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información e Mancomun.org, abre o prazo de inscrición para os cursos de base de datos e de folla de cálculo, coas ferramentas de OpenOffice Base e de OpenOffice Calc respectivamente.O prazo de inscrición para ditos cursos pecharase o 14 de marzo e contan con 15 prazas cada un deles.
Requisitos: coñecementos a nivel usuario/a de informática.
Para inscribirse achegarse a aula de formación Francisco Vizoso, na Parroquia de Franza dentro do seguinte horario:
Luns, mércores e venres de 11 a 15 horas e de 16 a 21 h.
Martes e xoves de 16 a 21 h.
