Mancomún

Datas da próxima versión do OpenOffice.org 3.0

Datas da próxima versión do OpenOffice.org 3.0

http://www.mancomun.org/images/stories/ooo-main-logo-2col-trans.gifXa temos datas para a futura versión 3.0 do OpenOffice.org. Estas datas soen ter un carácter provisional e sempre poden variar segundo o número de versións que fagan falta até sacar unha versión final.

Dentro destas datas, resaltamos o comezo da actualización da tradución do OpenOffice.org 3.0, proceso que comezará o 13 de marzo e rematará o 3 de abril aproximadamente. Unha vez feito isto, faranse as probas correspondentes antes de liberar a primeira versión beta a finais de abril.

As primeiras versión «release candidate» comezarán a saír a finais de xullo e a versión final espérase para o 2 de setembro ou coincidindo coa OpenOffice.org Conference 2008…

Fonte:
http://wiki.services.openoffice.org/wiki/OOoRelease30

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal