Vemos en GLUG que o usuario mmeixide traduciu a páxina de DeLi Linux ao galego , estando así nun total de cinco linguas dispoñibles.
Pódese acceder á páxina de DeLi Linux en galego, ou ao wiki (en «obras») e ao foro de axuda (o foro retirarase se non se usa).
DeLi Linux é un GNU/Linux «de escritorio lixeiro» . É unha distribución de GNU/Linux para vellas computadoras, a partir do 486 ao Pentium II ou III. Inclúe clientes de correo-e, navegador gráfico, programas de oficina con procesador de textos e folla de cálculo, etc. Unha instalación completa, incluíndo XOrg e ferramentas de desenvolvemento, non necesita máis de 350 MB de espazo no disco duro.
Podes ler a nova completa con máis información na súa fonte orixinal:
http://www.glug.es/node/2331
