Mancomún

Dell comeza a conta atrás para preinstalar GNU/Linux nos seus computadores

Dell confirmou onte a súa intención de incluír GNU/Linux por defecto e mellorar o soporte actual para o mesmo, e sen custo algún, nalgúns dos seus computadores de sobremesa e portátiles da súa gama. Esta decisión, sobre a que se especula desde hai unhas semanas, é a consecuencia lóxica ao «brainstorming» que a compañía lanzou a mediados de febreiro, e na que preguntaba aos seus clientes que novas ferramentas querían ter no seu PC.
A confirmación efectuouse mediante unha mensaxe na web oficial da compañía, na que Dell afirma que «facilitaremos máis información nas próximas semanas, incluíndo detalles sobre os sistemas que ofreceremos e a distribución ou distribucións que estarán dispoñibles»…

Fonte:
http://www.elpais.com

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal