Mancomún

Dereitos de propiedade intelectual e Internet

O Internet Interdisciplinary Institute, a través dos seus investigadores Meritxell Roca i Sales e o Dr. Manuel Castells, acaba de publicar un completo informe titulado «Derechos de propiedad intelectual e Internet. Materiales para un debate informado». O traballo licenciado cunha Creative Commons pode descargarse da web do IN3.

 
A dixitalización de contidos e a súa posterior comunicación mediante Internet transformou irreversiblemente os parámetros que ata hai uns anos rexían o exercicio dos dereitos de propiedade intelectual. Estes dereitos son a base das industrias culturais e do coñecemento, é dicir, dunha proporción substancial da produción nas economías avanzadas; así, o debate ao redor das formas de xestión dos dereitos de autor sitúase no centro da atención económica, mediática e política en todas as sociedades.
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal