Os proxectos de Software Libre están caracterizados polo seu desenvolvemento distribuído, aberto, colaborativo e que empregan procesos de traballo baseados na comunidade. Proxectos con tanto éxito como o servidor Apache, GNU/Linux ou PHP teñen un Contorno de Desenvolvemento Colaborativo (Collaborative Development Environment – CDE) que proporciona acceso ao repositorio do código fonte, xestión do coñecemento, listas de discusión, seguimento de erros e soporte ao usuario.
GForge, derivado do paquete SourceForge, é un CDE baseado en web con licenza GNU/GPL. A Forxa de Mancomun.org traballa con este software localizado ao galego. Nestes intres A Forxa conta cun total de 31 proxectos rexistrados e 74 usuarios dados de alta. A participación na Forxa está aberta a calquera que queira participar en proxectos de Software Libre.
No documento «Producing Open Source Software» amósanse os pasos a seguir para desenvolver Software Libre nun contorno de desenvolvemento colaborativo.
En Gforge, e na Forxa por extensión, cada proxecto conta coas seguintes características:
-
Repositorio CVS ou Subversion xerado automaticamente
-
Control de acceso ao repositorio
-
Xestión do código fonte (SCM)
-
Estatísticas de crecemento do repositorio
-
Envío automático dos cambios a lista de correo empregando os complementos cvssyncmail e svncommitemail.
-
Listas de correo
-
Foros
-
posibilidade de resposta vía correo electrónico
-
múltiples vistas: aniñadas, plana, por fío,…
-
Rastrexadores (Trackers)
-
respostas do rastrexador de ítems vía correo electrónico
-
ligados aos cambios no CVS e SVN empregando os complementos cvstracker e svntracker.
-
Filtros de navegación
-
Control de Acceso baseado en roles para xestionar os membros do proxecto. As distintas partes do proxecto poden ser restrinxidas para controlar o acceso.
-
Xestor de tarefas a través de diagramas de Gantt.
-
Xestión de documentos con colas de aprobación
-
Enquisas
-
Novas
-
Sistema de Publicación de Ficheiros
-
Wiki
-
Interface de Liña de Comandos
-
Integración con Tinderbox
