Mancomún

Discútese no senado de Berlín a migración completa a GNU/Linux

A administración do senado de Berlín estase opoñendo a unha migración completa das computadoras da administración a Linux. O parlamento de Berlín anunciou en datas pasadas unha migracion en dúas fases dos servidores a sistemas de código aberto…

Sen embargo, un informe firmado polo alcalde de Berlín e o seu senador para o interior discute ese proxecto argumentando que o movemento inducido funcionaría opostamentente ao interese de ser «independente dos fabricantes específicos» e «á apertura cara varias solucións».
 
Fai un ano, a administración do senado para asuntos internos do goberno alemán informou de que unha migración dos sistemas Windows a sistemas abertos tipo Linux sería factible, non obstante, xa desvelaba que a «migración dos datos actuais podrían ser temas críticos».

Non obstante, un proxecto experimental recente nun distrito de Berlín demostrou a viabilidade de combinar Software Libre con productos Microsoft e Novell. Ademais, o proxecto demostrou en IPV, proFiskal e ProInfo que a migración de datos actuais non representou un obstáculo insuperable.   

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal