Hai uns días publicouse na forxa de mancomun.org a primeira demo funcional do GtkMediaPlayer. GtkMediaPlayer é un «widget GTK+» que permite reproducir vídeo empotrado nas aplicacións GTK utilizando mplayer como reprodutor. Polo tanto, con este widget pódese reproducir calquera fonte que sexa capaz de reproducir mplayer dentro de calquera aplicación que se desenvolva con GTK.
O propósito principal deste proxecto é a ilustración da construción dun widget GTK+ e a súa integración en glade. Tamén é un bo exemplo do control e comunicación de procesos.
O Widget GtkMediaPlayer aprovéitase da facilidade ofrecida polo reprodutor mplayer de amosar a súa saída na ventá elixida polo usuario mediante o parámetro -wid e do Widget GTK+ GtkSocket para ofrecer unha API de programación que permita empotrar vídeo/son nas nosas aplicacións GTK+ e o desenvolvemento visual mediante glade e libglade.
Xunto coa versión beta tamén hai dispoñibles uns vídeos en YouTube demostrando o seu funcionamento:
Proba de funcionalidade do programa:
Máis información na páxina do proxecto nas seguintes ligazóns:
https://forxa.mancomun.org/projects/gtkmediaplayer/
http://web.iesrodeira.com

