Mancomún

DreamWorks gaña un premio polo uso e promoción de Linux no seu traballo

Linux (e principalmente Red Hat Enterprise Linux) convertéronse na plataforma principal de produción da industria de animación, grazas en boa medida aos esforzos de DreamWorks. Detrás deses esforzos está Ed Leonard, xefe de tecnoloxía en DreamWorks, ao cal recentemente se lle recoñeceu o seu traballo cun Annie Award polo seu labor «promocionando o sistema operativo Linux para a animación nos estudos de animación e no desenvolvemento de xogos»…

Ed Leonard traballou con anterioridade en Novell, ademais de con HP e Red Hat para facer que Linux entrase na industria da animación con forza, e todo iso, sen escribir ningunha liña de código.

Fonte orixinal e completa da nova (en inglés):
http://blogs.cnet.com/8301-13505_1-9865829-16.html

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal