Mancomún

DrQueue: granxa de renderizado de imaxes en Software Libre

DrQueue: granxa de renderizado de imaxes en Software Libre

http://www.mancomun.org/images/stories/logo_drqueue.pngDrQueue é un software para xestión dunha granxa de renderizado de imaxes con licenza GPL e funciona baixo GNU/Linux, FreeBSD, Irix, Mac OS X e Windows.

DrQueue distribúe tarefas baseadas en comandos tales como o renderizado de imaxes e está composta de tres ferramentas fundamentais: o «master», o «slave» e o «drqman». As tarefas principais de cada unha das ferramentas son as seguintes:

  • O «master» actúa como servidor, onde se almacean todas as tarefas e onde os computadores que executan os «slaves» informan do estado das súas tarefas.
  • Os «slaves» executan en cada nodo a granxa de renderizado. Informan ao «master» sobre o seu estado de carga, e si cumpren determinadas condicións para renderizar.
  • «drqman» é a interface gráfica (baseada en GTK) usada para controlar os traballos e os computadores. Con «drqman» pódense priorizar traballos, paralos, reinicialos e moitas máis cousas.

DrQueue agora tamén inclúe DrKeewee, un servizo web que permite comprobar o estado  dos computadores da granxa a través dun navegador web. DrKeewee foi desenvolvido totalmente en python.
 
Captura de pantalla do funcionamento de DrQueue (prema na imaxe para vela máis grande ou ver outras capturas):
http://www.mancomun.org/images/stories/drqueue.jpg

 
Algúnhas películas onde se usou DrQueue inclúen «Elephants Dream« (a primeira película totalmente libre), «Piratas del Caribe: el cofre del hombre muerto» e «Donkey Xote».
Páxina oficial do proxecto:
http://www.drqueue.org/  
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal