Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, Día de Internet e o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, a Rede de Dinamización da Sociedade da Información convocou un concurso de Iniciativas para premiar aquelas que fomentasen o uso do galego e o das tecnoloxías da información resultando gañadores nesta convocatoria dúas iniciativas de Software Libre.
As iniciativas gañadoras en Software Libre foron as seguintes:
- Categoría Empresa: “Software Libre, a solución para a túa empresa ”. Asociación de Empresarios do Ceao, Fundación CEL e Asociación de Empresarios de Hostalería de Lugo…
- Categoría Software Libre: “I Xornada de Software Libre de Cambados”. Centro Comarcal do Salnés.
Pódese ver todos os gañadores de todas as categorías na nova orixinal:
https://dinamiza.sociedadedainformacion.eu
Máis información:
https://dinamiza.sociedadedainformacion.eu
