Mancomún

Dúas institucións públicas norueguesas migran aescritorios con código aberto

A Oficina de Patentes e a Autoridade da competencia norueguesas son os primeiros corpos gobernamentais nacionais en mudaren a escritorios de código aberto.

O Ministerio de Asuntos Económicos anunciou a pasada semana que dúas institucións están a preparar a migración a unha infraestrutura de tecnoloxías da información de código aberto completa. Como parte do plano, o ministerio está a procurar activamente departamentos gobernamentais dispostos a migrar os seus contornos de escritorio a código aberto.

A Oficina de Patentes (Octrooicentrum Nederland) é a primeira institución. Tjeerd van der Laan, xefe do departamento de Tecnoloxías da Información, agarda migrar os seus 155 PC en 2008.

Van der Laan non agarda que a migración sexa fácil. «As nosas aplicacións ligan coas do Ministerio de Asuntos Económicos, coas da Organización da Propiedade Intelectual Mundial e outras organizacións. Nós estamos de acordo co ministro de Comercio Exterior Frank Heemskers en que cambiar a código aberto estimula a innovación.»

A Autoridade da Competencia Norueguesa está nos primeiros pasos da migración. Un voceiro confirmou que os planos son un bosquexo.

As dúas institucións son os primeiros corpos gobernamentais nacionais que migran a escritorios con código aberto. Recentemente, Gróningen foi a primeira provincia en anunciar que estaba a estudar o uso do OpenOffice.org. Outros moitos concellos, como Heerenveen, ou Ámsterdam están a migrar a OpenOffice.org ou estudan esta migración.

Fonte:

IDABC

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal