Enviáronse dúas ofertas de emprego á lista de ofertas de emprego de Software Libre. Para recibir estas e outras ofertas podes subscribirte á lista de emprego.
– Enxeñeiro de aplicacións software para ARANTIA 2010, S.L. para a posta en marcha e configuración de contornos baseados en LINUX así como o desenvolvemento de aplicacións sobre dita plataforma.
Requiren coñecemento de instalación e configuración de GNU/Linux, GNU C/C++, BBDD MySQL, Postgre, Apache, PHP / Javaserv / JavaScript e Java; rigor técnico, capacidade de análise e resolución de problemas. Valoraráse experiencia profesional previa no sector, coñecemento do idioma inglés e dominio de outras aplicacións ASP: VBScript, HTML/DHTML, XML.
– Programador multimedia en contorno PHP/MySql para Factoría de Software e Multimedia.
Requírese coñecementos de programación en PHP, MySql e Postgres. Tecnoloxía LAMP. Experiencia mínima de 1 ano. Experiencia en administración de servidores Apache e Linux
Valorarase capacidade de análise e traballo en equipo, experiencia en comunicación e trato co cliente, coñecementos de .NET e SQL Server, de CSS, XML e XHTML e normativa de accesibilidade.
