Mancomún

En Australia, os TI especializados en Software Libre gañan máis que a media

Os TI (técnicos en tecnoloxías da información e da comunicación) especializados en Software Libre gañan máis diñeiro que a media nacional de informáticos, segundo os resultados do primeiro censo de Software Libre en Australia.

A media de salario da industria do Software Libre en Australia está entre os 76.000$ e os 100.000$, pero o 10% dos empregados traballando a tempo completo só con Software Libre gañan «bastante máis» segundo a consultora que dirixe o estudo.

Se comparamos o salario co salario medio obtido da enquisa, os traballadores en Software Libre gañan ata 3 veces máis que a media nacional…

Uns primeiros datos do estudo foron expostos o venres na Linux.conf.au, onde a consultora responsable do mesmo comentaba que o 57% dos entrevistados o fai por hobby, o 24% traballa algunhas horas da súa xornada laboral en Software Libre e só o 10% traballa exclusivamente con Software Libre.

Segundo a consultora, a mostra de estudo foi maior ao 5% do total da industria do Software Libre, facendo que os resultados da enquisa poidan ser extrapolables ao total da industria. Ademais suxire que «os traballadores especializados en Software Libre parecen ter mellores habilidades e optan a conseguir mellores traballos».

 

Podes ler a nova completa na súa fonte orixinal:
http://www.itnews.com.au

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal