Mancomún

En Francia deseñan un robot humanoide baseado en GNU/Linux

A empresa  Aldebaran Robotics , con sede en París, espera vender a principios do 2007 o seu primeiro robot para servizo doméstico, que operará baixo o sistema operativo GNU/Linux.

O principal obxectivo desta empresa é crear «androides» autónomos, robustos e de fácil programación. Este produto, coñecido como «Nao», «competirá con outros modelos en termos de funcionalidade» segundo afirma a compañía.

Este robot  andará, falará, terá un sistema WiFi para ser comandado a distancia e medirá 55 cm. de alto. Ademais, terá 23 “niveis de liberdade” de movementos e posuirá brazos en forma de pinzas.

Fonte: linuxdevices 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal