Nesta primeira compilación do OpenOffice.org detectamos algúns problemas coa instalación en determinados sistemas operativos. Algúns erros xa están solucionados, outros aínda non, pero esperemos que en breve si que o estean, ademais de un novo paquete moito máis fácil de instalar.
Erro detectado e corrixido:
– Non instala en Windows 98, Me e 2000. A mensaxe de erro é a seguinte: «El idioma de este paquete de instalación no está admitido por el sistema». Xa está arranxado e xa subimos os ficheiros sen ese erro ao servidor o pasado día 18. Para aqueles que están tendo problemas de instalación, por favor, volvede a descargar os ficheiros da instalación.
Erro detectado:
– Non instala nunha ruta diferente a «C:Archivos de programaOpenOffice.org 2.0» en Windows. A mensaxe de erro é a seguinte: «Erro interno 2870. InstallChangeFolder, NewFolder, Crear novo cartafol». Estamos revisando o paquete e esperemos que pronto se arranxe o problema.
Se detectades máis erros relacionados co OpenOffice, publicádeos nos foros.
mancomun.org
