Mancomún

Está dispoñible a versión gvSIG 1.0

No proxecto gvSIG acaban de anunciar a liberación da versión estable 1.0 de gvSIG. Os desenvolvedores destacan que, con esta versión estable, a aplicación xa contén un conxunto de funcionalidades que a fan realmente útil, ademais do gran número de proxectos previstos que dotarán a gvSIG de máis funcionalidades, tales como a xeración de topoloxía, análise raster, análises de redes, etc…

As novidades máis destacables nesta versión son:

  • Edición
  • Xeoprocesamento
  • Xeoreferenciación
  • Acceso a servidores WFS de información vectorial
  • Soporte para Mac OS X

Podes consultar o resto de novidades na web do proxecto en «Notas da versión».

Ligazón ás notas da versión 1.0 na web do proxecto

Ligazón á páxina de descarga do proxecto.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal