Este sitio web utiliza cookies para que podamos brindarle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerlo cuando regresa a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web encuentra más interesantes y útiles.
O paquete ofimático OpenOffice.org ten a posibilidade de engadir novas funcións a través de extensións, ao estilo do navegador [[Firefox]]. Aínda que todavía non hai moitas, unha delas, moi interesante, é a da [[Wikipedia]]. Esta extensión integra unha pequena barra de ferramentas para facer buscas en diferentes enciclopedias, entre elas a galipedia, mentres se está a editar un texto.
Podes descargar esta extensión da nosa sección de «Descargas->Software Libre->OpenOffice«. Para instalala só tes que ir ao menú «Ferramentas->Xestor de paquetes->Engadir» do OpenOffice.org, e seleccionala do teu disco duro onde previamente a gardaches. Existe, asemade, un repositorio destas extensións na dirección http://wiki.services.openoffice.org/wiki/Extensions.
