Mancomún

Ferramenta en Software Libre para calcular os custes dunha infraestrutura

TCO, en inglés «Total Cost of Ownership», é un método para describir todos os custes asociados a unha infraestrutura. A pesar de ser un termo que xa apareceu na década dos 80, aínda non existe un método estándar para comparar dous TCO. Neste senso, a ferramenta TCO-Tool pode axudar.
 
TCO-Tool é unha ferramenta desenvolvida polo goberno suízo, que ten como principal obxectivo permitir o cálculo dun TCO, ademais da creación de modelos transparentes de calquera tipo de infraestrutura para poder comparar estes custes entre eles…

 

Toda o código e documentación do proxecto pode descargarse desde a páxina do proxecto en SourceForge.net:
http://sourceforge.net/projects/tcotool/

Algúns casos de éxito de uso desta ferramenta son:

  • O goberno suízo calculou os custes da infraestrutura de PC de polo menos 3 departamentos.
  • Algunhas pequenas e medianas empresas de Suíza.
  • Algunhas teses doutorais usaron a ferramenta para os seus cálculos.
  • Diversas compañías e universidades de todo o mundo solicitaron a ferramenta: Alemaña, Austria, Francia, Brasil, China, etc..
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal