Mancomún

Ferramenta para comprobar a accesibilidade de aplicacións de GNOME.

Accerciser é unha ferramenta baseada en Python para comprobar a accesibilidade das aplicacións de GNOME. Permite aos desenvolvedores garantir a accesibilidade das súas aplicacións.

Unha aplicación informática é accesible cando proporciona os medios necesarios para que as persoas con discapacidade poidan acceder á súa interface. GNOME e GTK+ proporcionan a infraestrutura para acadar isto de xeito que unha aplicación desenvolvida para GNOME é probable que sexa accesible sen un gran esforzo, mais pode ser mellorada para facela máis usable por persoas con discapacidade. Esta ferramenta axudará a facer isto posible.

Algunhas das características de Accerciser son:

  • Accesible – A interface de Accerciser é, por suposto, accesible.
  • Baseado en ORBit , non en cspi – Igual que os modernos lectores de pantalla LSR e Orca .
  • Deseño da interface adaptable – Pódense mover os separadores a diferentes paneis ou mesmo a ventás independentes para podelos ver á vez.
  • Arquitectura baseada en complementos – Un usuario cun caso de proba específico pode crear de xeito rápido un complemento que proporcione os controis e información necesarios.

Complementos básicos:

Visor das interfaces: Este complemento dá a información e os controis básicos proporcionados polas distintas interfaces que teñen cada obxecto accesible. Por exemplo, cando se selecciona un botón , é posible ver o texto proporcionado na sección Texto e o botón premido na sección Acción.

Monitor de eventos: As tecnoloxías adaptadas baséanse nos eventos que emiten as aplicacións de escritorio a través do AT-SPI. Este complemento de Accerciser permite ver estes eventos cando ocorren. Ademais o usuario pode filtrar o tipo de eventos que quere monitorizar.

Máis información: 

GNOME journal

Gnome Accessibility Project

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal