Winpooch utiliza a técnica “API hooking”. Esta técnica consiste en espreitar o software executado e ofrecer ao usuario a posibilidade de controlar dita actividade. Ten así a posibilidade de prohibir a un software escribir nas carpetas do sistema ou no rexistro de windows. Tamén pode prohibir a un software conectarse a internet. Isto é o que diferenza a Winpooch doutros antiespías, os cales, unicamente analizan os arquivos do disco duro na procura de firmas coñecidas.
ClamWin Free Antivirus ven cun fácil instalador e co código fonte. Pódese descargar e utilizar sen ningunha carga. Características:
- Alto ratio de detección de virus e spyware;
- Programador de escaneos;
- Descargas automáticas da base de datos de virus.
- Integrado co Microsoft Windows Explorer;
- Addin para Microsoft Outlook para eliminar automaticamente adxuntos infectados.
