Mancomún

GALPon presente en Festigal 2006

GALPon estará por terceiro ano consecutivo no Festigal participando con outras asociacións para promocionar o Software Libre. As xornadas, co motivo do día da nación, serán os días 24 e 25 de xullo no Campus Sur da Universidade da capital.

A organización do Festigal 2006 [1] habilitou o caixón expositor «Galería do software libre» que compartirán GALPon (Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra), AGNIX (Usuarios de Gnix), Compostela Wireless e Mancomun.org. Ofrecerase información relacionada co software libre en xeral, e particularmente, das actividades que as asociacións galegas están a desenrolar nas catro provincias.

Por outra banda, a xuntanza das asociación permite o intercambio de ideas e relación no ámbito galego. En día tan sinalado, compártense sensacións para normalizar o uso do software libre ós niveis particular, empresarial e administración. Neste último, cabe destacar o impulso que a Xunta quere darlle o software libre na administración, tra-lo éxito que veñen tendo outras comunidades como a extremeña [2] ou andaluza [3], que xa dispoñen dende hai tempo das súas propias distribucións de GNU/Linux.

* [1] Festigal 2006
* [2] gnuLinEx (GNU/Linux de la Junta de Extremadura)
* [3] Guadalinex (GNU/Linux de la Junta de Andalucía)

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal