A sección de novas de GIMP infórmanos que a versión estable de GIMP 2.4.0 está a piques de saír. Os desenvolvedores de GIMP xa publicaron unha primeira versión candidata da nova versión de GIMP 2.4.0. Isto marca o fin do ciclo de desenvolvemento quedando as novas características finalizadas e a API conxelada, inda quedando por corrixir algúns “bugs” e outros cambios pendentes de menor importancia.
Dende a web anímase a colaborar no “testing” desta versión 2.4.0-RC1 estando dispoñible para a súa descarga dende o ftp de GIMP.
Fonte: GIMP
