Mancomún

GLUG busca tradutores para o xogo "Battle for Wesnoth"

GLUG busca tradutores para o xogo "Battle for Wesnoth"
http://www.mancomun.org/images/stories/glug.pngVisto na páxina de GLUG :
«No GLUG andamos na procura de tradutores para o xogo Battle for Wesnoth. O Battle for Wesnoth é libre, un xogo de estratexia baseado en quendas cun tema fantástico. A meta é chegar á XGN cun xogo avanzado totalmente traducido ao galego para levar a cabo torneos. Para o cal precisamos duns cantos de vós que nos boten unha man.

A forma de traballo acordariámola entre todos os participantes. Se estades interesados enviádeme un contacto…»

[Actualización 21-02-08]: creouse un proxecto na forxa de Mancomun, e asemade un repositorio SVN público en https://forxa.mancomun.org/svn/b4wesnoth-gal para levar a cabo a traducción. Hai algo máis do 55% total do traballo feito.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal