Os membros do grupo de usuarios de GNU/Linux GLUG anuncian na súa páxina web que comezaron os preparativos para a súa participación na Xuventude Galiza Net deste novo ano 2008:
«No GLUG andamos argadelando a participación na Xuventude Galiza Net. Para iso habilitamos unha páxina na nosa wiki para recoller ideas e cousas que poidamos levar a cabo. Tamén podemos entrar en colaboración con outros grupos, de feito andamos na procura de colaboración para que a nosa intervención sexa moito máis satisfactoria e podamos ter un impacto maior á hora de espallar o Software Libre.
Aínda estamos en «pañais» polo que se queres participar connosco pásate pola wiki ou deixa un comentario.»
Máis información na páxina de GLUG:
http://www.glug.es/node/2420
