![]()
Google xa abriu o concurso para desenvolver aplicacións para a súa plataforma móbil «Android». O concurso estará dotado economicamente de 10 millóns de dólares en premios para as mellores aplicacións construídas na plataforma. Os cartos repartiranse da seguinte maneira:
- Haberá dous desafíos: o primeiro deles aceptará proxectos desde o 2 de xaneiro até o 3 de marzo de 2008. O segundo comezará cando apareza o primeiro dispositivo móbil coa plataforma (na segunda metade do 2008).
- No primeiro desafío, os 50 proxectos máis prometedores recibirán 25.000$ para continuar co desenvolvemento. Posteriormente poderán ser elixidos para recibir un recoñecemento maior con 10 premios de 275.000$ e outros 10 premios de 100.000$…
Máis información na páxina de Google:
http://code.google.com/android/adc.html
