GPH anunciou hai uns días o futuro lanzamento de GP2X F-200, unha revisión da súa consola portátil libre. A consola será totalmente compatible coa actual versión de GP2X , de modo que á súa saída, teremos dispoñible un amplo catálogo de aplicacións, xogos e emuladores listos para ser desfrutados, de maneira totalmente gratuíta. A comunidade española desta consola atópase na seguinte ligazón: Gp32spain.
As novas características anunciadas son as seguintes:
- Color: Branco.
- Pantalla táctil. Renovouse a interface para a pantalla táctil.
- Leva un D-Pad con 8 direccións.
- Trae varios xogos incorporados: Blocked, GhostPix, Cavestory, Phishy, Ruck-Man, Sqdef.
- Multitarefa: Escoita música ao mesmo tempo que les [[e-books]] ou ves fotos.
- Pantalla LCD de 3.5 polgadas (30 frames) e cunha resolución de 320×240 e 16.700.000 cores.
- Tamaño: 134.6×82.9×29.6 mm
- Peso: 161 gr. (Sen batería)
- Batería: Dúas pilas AA. A súa duración con vídeo: 3,5 H e con música: 6 H.
- S/O: Linux
- …
- Doble procesador: o principal ARM920T e o co-procesador ARM940T
- USB 2.0 de alta velocidade.
- Memoria NAND: 64 Mb.
- Almacenamento: Tarxeta SD.
- Vídeo: Formato – Avi / Codec – MPEG4, XVID, DIVX / Son soportado: MP3, OGG. Inclúe TV-Out
- Son: Canal – Estéreo / Soporta – MP3, OGG
- Fotos: Soporta – JPG, BMP, GIF, PCX, PNG.
- E-book: Soporta – TXT
Máis información na fonte da noticia en:
http://denp8.blogspot.com
