Visto en GPUL:
«Tras un pequeno retraso respecto ao Linux Picnic oficial deste ano (foi o 11 de agosto), GPUL organiza o sábado 25 de agosto o primeiro GPUL picnic, no que non faltarán empanadas, tortillas e rede sen fíos para pasar a hora do xantar e a sobremesa falando de Software Libre e do que se tercie nos arredores da Facultade de Informática da Coruña.
Todo o mundo está invitado (non é preciso ser socio), sempre que previamente se avise da asistencia e número de acompañantes vía comentario no weblog ou mensaxe ao correspondente fío na lista de correo.
O comezo das hostilidades será ao redor das 13:00 do sábado.»
