Mancomún

Grande crecemento de Red Hat no mercado español

Grande crecemento de Red Hat no mercado español

http://www.mancomun.org/images/stories/redhat.png Red Hat anunciou que nos últimos meses, a compañía experimentou un forte crecemento en España con un incremento substancial do número de clientes que confían na súa tecnoloxía. Segundo Rodolfo González, director de ventas de Red Hat en España, «os clientes están a elixir Red Hat polo seu compromiso coa interoperabilidade entre plataformas e a fiabilidade da súa tecnoloxía».

Exemplos de clientes de Red Hat son Interflora España, a maior e máis coñecida rede de envío de flores, Unión Alcoyana no sector asegurador ou Arsys, provedor de servizos de Internet en España e con presencia  en Francia e Portugal.
Fonte:laflecha
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal