Na Forxa de Mancomun.org xa se atópan dispoñibles 13 proxectos sobre o CMS TYPO3. O último en rexistrarse foi o proxecto «bygalicia» que nos ofrece a posibilidade de descargarnos como eles mesmo din «Extensións de TYPO3 desenvolvidas para o portal byGalicia.eu xunto coas extensións utilizadas no mesmo (algunhas delas modificadas segundo as necesidades do proxecto)».
Usando o formulario de busca da Forxa de Mancomun.org podemos atopar tamén os seguintes proxectos:
| FotosRol | Proxecto que trata de desenvolver un plugin que aproveite o sistema de perfís de usuario de Typo3 para a visualización personalizada de imaxes. |
| Tradución ao galego do backend de Typo3 | Tradución do backend de Typo3 ao galego dentro do proxecto de Internacionalización das Empresas Galegas realizado pola Dirección Xeral de Desenvolvemento da Sociedade da Información e desenvolto por Igalia. |
| Xestión de palabras chave en Typo3 | Mellora das extensións existentes para a xestión de palabras chave tanto para a xeración de meta información como para a xestión de taxonomía. |
| gl_transstat | gl_transstat, Translate Status, é un módulo de backend para o CMS Typo3. gl_transstat permite levar un seguimento do estado de tradución das páxinas, contidos, novas, etc permitindo visualizar estados inconsistentes ou traducións pendentes. |
| Busca sectorial (Frontend plugin) typo3 | ‘Frontend Plugin’ para os tt_news. Modifica a información da táboa e as características internas de tt_news para poder categorizar toda a información interna. |
| Calendario para typo3 ( Frontend plugin) | ‘Frontend Plugin’ para os tt_news (typo3) co ‘look & feel’ dun ‘Calendar’. |
| Typo3 user and page stats |
Extensión que engade a funcionalidade ao backend de almacenamento/consulta de información sobre as páxinas visitadas por usuario, sesión e períodos de tempo. Tamén proporciona estatísticas do uso da ferramenta chc_forum. |
| Búsqueda Avanzada para typo3 | Este proxecto consta dunha modificación sobre a extensión indexed_search para que sexa capaz de filtrar as buscas a partir dunha serie de datas. |
| Soporte Https pra o crawler de typo3 | Este proxecto ofrece soporte para SSL ao crawler de typo3. |
| byGalicia.eu: Extensións TYPO3 | Extensións de TYPO3 desenvolvidas para o portal byGalicia.eu xunto coas extensións utilizadas no mesmo (algunhas delas modificadas segundo as necesidades do proxecto). |
| Sistema plantillas backend Typo3 | gl_be_templates é unha extensión de Typo3 que proporciona un método para realizar plantillas en backend, facilitando así a independencia da lóxica de aplicación e a presentación de datos |
| gl_formidable_utils: FORMidable utils | Funcións de utilidades de Typo3 para empregar como callbacks dende os formularios de Ameos FORMidable. |
| gl_error_management: Xestión Erros Typo3 | gl_error_management é unha extensión de Typo3 que proporciona un sistema para xestión de erros de frontend mediante unha pila coa traza de erros. |
TYPO3 é un dos primeiros xestores de contidos en Software Libre e actualmente un dos máis usados.
