Hoxe, a oficina española da W3C celebra o «Día W3C en España» en Madrid coa colaboración da Fundación CTIC e a Universidade Politécnica de Madrid. Este evento, que se desenvolverá na ETSI de Telecomunicación da Universidade Politécnica de Madrid, ten como obxectivo debater o presente e o futuro do uso dos estándares web e coñecer as experiencias de empresas e organismos no referente ao seu labor na súa aplicación.
Na xornada matutina, aberta ao público previamente inscrito, trataranse temas relacionados co web 2.0 e os seus problemas de accesibilidade, así como os beneficios e as desvantaxes que se atopan as empresas e os organismos á hora de aplicaren estándares nos seus servizos…
