Mancomún

HP ofrecerá en Europa portátiles totalmente compatibles con Linux

Hewlett-Packard deu un paso máis no seu compromiso co sistema operativo de código libre GNU/Linux. O fabricante de ordenadores anunciará en poucos días que ofrecerá aos seus clientes europeos a opción de elixir unha versión de GNU/Linux personalizada para os seus portátiles…
 

O xigante informático está traballando para iso con [[Ubuntu]], unha distribución de GNU/Linux baseada en [[Debian]] -a versión de este sistema operativo máis libre-. ‘Asegurámonos que todos os compoñentes de hardware preinstalados nalgúns dos nosos portátiles (sistemas sen fíos, infravermellos, control de baterías, etc…), funcionan correctamente con esta versión de GNU/Linux’, explican fontes internas de HP.
 
Os portátiles elixidos para ser 100% compatibles con Ubuntu son o nc6120, nc6220, nc6000 y nc6230. ‘A iniciativa supón un paso máis para que os portátiles funcionen correctamente con GNU/Linux, algo que non sempre ocorre’, engaden.

A versión deste GNU/Linux non irá precargada nos ordenadores de HP, aclararon as mesmas fontes, pero de ser solicitado polo cliente, a firma estadounidense facilitaralle un CD-ROM con dito sistema operativo. O CD incluirá a descrición do soporte técnico, que consta dun soporte gratuíto online, así como outro de pago que ofrecerá Canonical, a empresa creadora de [[Ubuntu]].

Segundo HP, o proxecto está limitado por agora a Europa, Oriente Medio e África, rexións onde parece haber actualmente unha maior receptividade cara o entorno GNU/Linux. O xigante informático non vende actualmente PC con GNU/Linux en ningunha parte do mundo, aínda que en EE.UU. si o fai ‘sempre baixo pedido do cliente mediante a web’.

A acción de HP con [[Ubuntu]] en Europa, que podería interpretarse como un paso previo ao lanzamento de PC con GNU/Linux precargado, podería beneficiar á firma informática ante futuros contratos coa «Junta de Andalucía», que acaba de anunciar que as súas futuras versións de Guadalinex se apoiarán en [[Ubuntu]].

 
Visto en: www.cincodias.com  
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal