O día 11 realizarase ademais o acto de entrega dos Premios Libre.org 2007 a persoas e organizacións que destacaron na defensa e promoción do Software Libre. Os premiados son o alcalde de Zaragoza Juan Alberto Belloch, a Junta de Andalucía, a Generalitat Valenciana, e os municipios que conforman o Consorcio Público del Conocimiento Libre y el Software Libre de España.
Outras actividades salientables que terán lugar durante o evento son:
- Presentación do proxecto Libre Communities.
- Conferencias de: Dr. Richard Stallman, presidente da FSF e Patrono de Honor de la FKF; Georg Greve (Presidente da FSFE); Ciaran O’Riordan (FSFE).
- Presentación da «Universidad del Software Libre»
- Presentación do Consorcio Público do Coñecemento Libre e o Software Libre de España (CONSOLE).
- Encontro do grupo español do Proxecto GNU.
A inscrición no encontro e a reserva de prazas na residencia «La Cristalera» pódense realizar en http://www.libre.org/libremeeting
