Red Hat Enterprise Linux 5 instalado en sistemas IBM recibiu a certificación «
Common Criteria» (estándar internacional ISO/IEC 15408 de seguridade nos computadores) de aprobación requirida para implementación nas axencias gobernamentais dos EUA.
Con esta certificación espérase que a adopción de Red Hat Enterprise Linux 5 nas empresas e gobernos a nivel mundial creza, xa que con esta certificación ningún sistema operativo de uso común ofrece tan alta certificación de seguridade…
Esta é a primeira distribución de Linux en obter a certificación Common Criteria con tal alto nivel de seguridade, o que significa que Red Hat Enterprise Linux en sistemas IBM supera os requisitos de seguridade necesarios para a información manexada polos gobernos.
Máis información sobre «Common Criteria» na [[Wikipedia]] en inglés:
http://en.wikipedia.org/wiki/Common_Criteria
Nota de prensa de IBM:
http://www-03.ibm.com/press/us/en/pressrelease/21742.wss