Mancomún

II Concurso Universitario de Software Libre

O ano pasado o «Concurso Universitario de Software Libre« presentouse como unha iniciativa que partía de alumnos, docentes e entidades vinculadas á Universidad de Sevilla. Un ano despois, impulsados polos gratos resultados, veñen a consolidar esta iniciativa como unha realidade.

Por segundo ano consecutivo preséntase o Concurso Universitario de Software Libre, unha iniciativa máis á beira das correntes de Software Libre que se están creando e consolidando nas universidades.Un ano máis o obxectivo principal do concurso é seguir estimulando aos estudantes universitarios a que se involucren na participación e creación de proxectos de Software Libre…

coas metas en mente de fortalecer á comunidade no ámbito universitario e promover a xeración de coñecemento en forma de Software Libre que reverta en beneficio de toda a sociedade.
 
A data de inscrición está aberta até o 15 de setembro de 2007.
 
 
http://www.mancomun.org/images/stories/ii_concurso_universitario.png

 
O ano pasado participaron 135 estudantes con 93 proxectos presentados de universidades de todo o país, e entre eles houbo representación das 3 universidades galegas.
 
A web do concurso:
http://concursosoftwarelibre.org
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal