Vemos anunciadas na páxina de OUSLI as «II Xornadas de Software Libre en Monforte de Lemos«:
«Durante os días 29 e 30 de xuño, terán lugar en Monforte de Lemos as II Xornadas de Software Libre.
Nas Xornadas participará OUSLI dando dúas charlas, polo que agradecemos á organización que pensaran en OUSLI para participar no evento.
Animamos a toda a xente que poida a participar sobre todo á xente de Ourense que lle queda relativamente preto Monforte. É outra posibilidade máis de achegarse ao software libre. «
As xornadas están organizadas polas dinamizadoras tecnolóxicas da Sociedade da Información do concello de Monforte de Lemos.
Podes ver a axenda completa do curso premendo en «Ler máis».
A axenda completa da xornada é a seguinte:
- Venres 29 de Xuño:
- 17:45: Presentación das xornadas.
- 18:00: Aproximación ao Software Libre.
- 19:30: Pausa-café.
- 20:00: As posibilidades do Software Libre.
- Sabado 30 de Xuño:
- 10:00: Directrices migratorias.
- 11:00: O que fago en Windows, o fago en GNU/Linux
- 11:45: Pausa-café.
- 12:15: O camiño para os novos modelos de negocio con Software Libre.
- 13:00: Mesa-debate.
- 14:00: Pausa-comida.
- 17:00: Filosofía do proxecto Trisquel.
- 18:00: Taller con LIVE-CD.
- 18:30: TPV para empresarios baixo Sofware Libre.
- 19:15: Pausa-café.
- 19:45: Presentación da mascota «DIPBOT».
- 20:15: OpenOffice.org; a liberdade na túa oficina.
Evento engadido á «Axenda de eventos» de mancomun.org.
Podes ver toda a información e o tríptico das xornadas na súa fonte orixinal
http://ousli.org/
