Segundo a compañía de análise de software para sitios web OneStat.com, o uso do navegador Open Source Firefox incrementouse dende abril de 2005 dun 8,7% ata un 13%. O uso do Firefox acada niveis do 39% en Alemaña e máis do 20% en Italia…
Polo que a mancomun.org respecta, os navegadores que máis usa a xente que nos visita son os seguintes:
- 41,5 % Navegador web baseado en [[Mozilla]] ([[Netscape]], [[Firefox]], …)
- 39,0 % Navegador [[Internet Explorer]] 6.0
- 2,00 % [[Konqueror]]
- 0,80 % [[Opera]]
- …
Os datos que proporciona o w3counter indican que a penetración global do Firefox podería ser aínda máis alta, chegando ata un 26 % do total fronte a un 66% de usuarios de Internet Explorer.
