Cenatic nace co obxectivo de promover o uso tanto nas administracións como entre as empresas do software de código aberto. A Fundación ten a súa sé en Almendralejo (Badajoz) e constituíuse cun capital inicial de 180.000 euros.
O goberno quere que España sexa unha referencia en todo o mundo na aplicación e desenvolvemento do ‘Software Libre’, e ademais pretende que se cre todo un tecido industrial en torno ás novas tecnoloxías. Os seus plans contemplan un investimento de 2,29 millóns de euros nos próximos tres anos para impulsar a calidade e a creación de software de fontes abertas.
Os seus primeiros traballos vanse a centrar en labores de divulgación, o que inclúe a creación dun observatorio especializado e dun banco de coñecemento para seguir a situación dos proxectos relacionados co software de código aberto.
No período 2008-2009, Cenatic abrirá un centro de formación e certificación de recursos humanos especializados, que tamén realizará traballos de consultoría técnica e legal para administracións e empresas; e ao mesmo tempo contará cun laboratorio de certificación de produtos, e de compatibilidade con sistemas baseados en fontes abertas.
Podes ler a nova completa na súa fonte orixinal: www.elpais.es
