Esta fin de semana (28 e 29 de abril) celebrarase en Ordes a Festa do Champiñón e a feira de mostras correspondente; pero este ano Inestable estará alí para tentar evanxelizar sobre o software libre entre as persoas que se pasen por alí e se interesen polo tema.
O plan é sinxelo: tentar amosarlle á xente o que é GNU/Linux por medio dalgunha máquina que estará dispoñible e repartir material ao respecto. Todos estades invitados a pasar polo expositor.
Visto na web de Inestable.org
